top of page

Nado en Lleida, de nai catalana e pai galego. Os meus primeiros anos foron bastante movidos, residindo en diferentes cidades españolas. Finalmente, ao dez anos, vin pra Galicia, onde dende entón vivo, aínda que pasei longos períodos en Cataluña durante os meus anos de estudante.

Dende o momento que eu puiden manexarme na guitarra sentín a necesidade de compor cancións, e ese desexo ten continuado a seguirme durante toda a vida.

As miñas influenzas estiveron marcadas pola música portuguesa (Zeca Afonso, Fausto Bordalo, Xulio Pereira ...), o rock dos anos 70 e a música medieval. Hai uns anos que a estas foron engadidas o country e, por riba de todo, os compositores de música africanos actuais (encántanme).

Considérome, esencialmente, un creador de melodías e un amante do traballo no estudo de gravación. Ademais, gusto de participar en proxectos conxuntos en colaboración con outros músicos, sexa nas miñas propias composicións o nas dos demais.


A chegada do hardware de gravación dixital e o auxe do home studio, permitiume facer realidade un dos meus soños: ter o meu propio estudo de gravación. Isto permíteme tamén probar novas formas de compoñer, en asociación coa máquina e software musical, pra buscar novas formas de creación.


No verán de 2011, presento "O Roncoavión" (recuperado pra este novo repertorio, aínda que composta moitos anos antes) ao concurso "Vas sacar nota", promovido pola Radio Galega e obteño un primeiro premio.


Cun grupo de compañeiros músicos comezamos a montar un repertorio, mentres continuo a escribir novas cancións. Tamén tentamos unha primeira gravación que, por desgraza, terminou en fracaso cun produto que non convenceu a ningún de nós, aínda que desta experiencia, aprendín, polo menos, como non había de facer.


No verán de 2013, incentivado polo meu bo amigo e compañeiro Oscar (tamén baixista neste proxecto), que pon o seu estudo á miña disposición, decidín repetir a gravación dun disco que recollese este traballo. Como, esta vez, non temos a presión do tempo, e estamos desexosos de acadar un bo resultado, decidimos tomarnos tempo pra iso. Por iso, non foi ata un ano despois que  rematamos as gravacións (gravouse dependendo da dispoñibilidade de cada músico).
 

No primeiro trimestre de 2015 publicase METAMORFOSE en formato CD e tamén en plataformas dixitais, co patrocinio da SGAE.


A principios do 2106 comezo a compoñer pra un novo proxecto que espero publicar en 2017

 

bottom of page